Bolsas na Biblioteca Nacional de España

10 Abr 2017

A Biblioteca Nacional de España convoca 16 bolsas de formación e especialización para fomentar e mellorar o coñecemento sobre as coleccións, os procesos bibliotecarios, os servizos que se prestan aos usuarios e outras actividades propias da función que debe cumprir a Biblioteca Nacional de España.

Requisitos:
Ter rematado os estudos conducentes á obtención do título de grao, licenciado ou diplomado no curso 2011-2012 ou con posterioridade.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 4 de maio de 2017.
Máis información no BOE do 10 de abril de 2017 e en www.bne.es