Subvencións a programas mixtos de emprego e formación para a mocidade

10 Abr 2017

A Consellería de Economía, Emprego e Industria convoca axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas mixtos de emprego e formación (obradoiros de emprego), dirixidos a mellorar a ocupabilidade, a cualificación e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Poderán ser persoas beneficiarias participantes deste programa aquelas mozas e mozos desempregados, de dezaoito ou máis anos que estean inscritos no ficheiro do Sistema de Nacional de Garantía Xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Beneficiarias da subvención: entidades promotoras:
As entidades locais ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a unha Administración local, cuxa titularidade corresponda integramente á mesma. Deberán ter unha media de paro rexistrado no ano 2016 superior a 500 persoas no seu ámbito territorial.

Duración:
1. Os proxectos terán unha duración de seis meses, así como unha única etapa de formación en alternancia co traballo ou a práctica profesional, que estará dirixida á aprendizaxe, cualificación e adquisición de experiencia profesional.
2. Transcorrido o prazo de duración previsto na resolución de aprobación do proxecto, o proxecto considerarase finalizado.
3. A data límite para o inicio dos proxectos será o 30 de setembro de 2017.

Contidos formativos:
1. Durante o desenvolvemento do proxecto, o alumnado traballador recibirá formación profesional para o emprego, alternándoa coa práctica profesional.
2. Desde o inicio da súa participación no proxecto, o alumnado será contratado pola entidade promotora na modalidade do contrato para a formación e aprendizaxe.
3. Durante esta etapa os alumnos e alumnas percibirán as retribucións salariais que lle correspondan.
4. A duración dos contratos de traballo subscritos co alumnado-traballador non poderá exceder a data de remate do proxecto.

Orientación, información profesional, formación empresarial e asesoramento:
1. As alumnas e alumnos, durante todo o proceso formativo, recibirán orientación, asesoramento e información profesional e formación empresarial, para o que as entidades promotoras dos proxectos contarán co persoal para efecto.
2. Ao remate da actividade do proxecto, as entidades promotoras prestaranlles asesoramento ao alumnado participante, tanto para a busca de emprego por conta allea como para o establecemento por conta propia.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 10 de maio de 2017.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento TR353B
Máis información no DOG do 10 de abril de 2017 e en http://garantiaxuvenil.xunta.es