15º Encontro Nacional de Asociacións Xuvenís

07 Abr 2017

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado participará no Encontro Nacional de Associações Juvenis (ENAJ) de Portugal, organizado anualmente pola FNAJ, e que terá lugar en Viana do Castelo, do 21 ao 23 de abril.
A FNAJ (Federação Nacional de Associações Juvenís de Portugal) organiza a 15ª edición do Encontro Nacional de Associações Juvenis (ENAJ), evento que se ten consolidado como un momento de referencia para o sector da xuventude, dada a forte participación e interese demostrado polos case 1000 mozos e mozas dirixentes asociativos presentes en cada unha das edicións anteriores.
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado participará con unha delegación de 50 mozos e mozas das asociacións xuvenís e grupos informais que se queiran inscribir no encontro.
A adxudicaciónd as prazas será por orde de inscrición.
Cada asociación interesada disporá de 2 prazas, ata completar as 50. Se non se completaren as prazas, admitirase a mais de 2 persoas por asociación.  
O transporte, aloxamento e manutención serán gratuítos. Teranse en conta as localidades de residencia das persoas mozas inscritas para establecer a ruta de autobús.

PRAZO DE INSCRIPCIÓN REMATOU
 

banner enaj 1 1024x381