Aventúrate con Galicia 2017

07 Abr 2017

A Dirección Xeral de Xuventude e a Secretaría Xeral de Emigración convocan para o ano 2017 o programa de axudas para a participación no programa Aventúrate con Galicia, dirixido a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de persoas emigrantes galegas e que residan no exterior.

Requisitos:
a) Ter a súa residencia habitual fóra de Galicia.
b) Ter nacido en Galicia ou seren descendente de persoa emigrante galega.
c) As persoas participantes deberán ter, o 30 de xullo de 2017, unha idade comprendida entre os 14 e os 17 anos.

Lugar de realización:
1. Actividades no mar-Gandarío: convócanse 20 prazas, que se realizarán no Albergue Xuvenil de Gandarío (Bergondo).
2. Actividades de natureza-ambiente e mar: convócanse 20 prazas que se realizarán no Albergue Xuvenil de Area (Viveiro).
3. Actividades de aventura T: convócanse 10 prazas que se realizarán no Campamento Xuvenil de Chacotes (Palas de Rei).

Estas actividades serán realizadas xunto con mozos e mozas residentes en Galicia participantes na campaña de verán que convoca Xuventude.

Cada unha das persoas beneficiarias farase cargo da organización e pagamento dos custos da súa viaxe de ida e de volta aos seus lugares de residencia.

A Secretaría Xeral da Emigración farase cargo do seguro de estadía en Galicia, así coma do desprazamento das persoas beneficiarias das actividades desde os aeroportos, estacións de tren ou de autobuses de chegada a Galicia ata a instalación que lles sexa asignada. Así mesmo, encargarase dos desprazamentos terrestres desde a instalación asignada ata os aeroportos, estacións de tren ou de autobuses de saída en Galicia de todas as persoas participantes que realicen o retorno ao seu lugar ou país de orixe o día que remate a actividade de campamento.

As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento PR930B
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 8 de maio de 2017

Máis información no DOG do 7 de abril de 2017 e en http://emigracion.xunta.gal/