Encontro territorial de información xuvenil en Santiago de Compostela

04 Abr 2017

O 4 de abril desenvolveuse en Santiago de Compostela un encontro da Dirección Xeral de Xuventude cos responsables e traballadores/as de OMIX de concellos da Coruña, co fin de presentar a programación do departamento para o 2017, máis concretamente o borrador do novo Decreto de Xuventude e a nova Orde de subvencións aos concellos, así como recabar as suxestións e inquedanzas que quixeran aportar en beneficio da xuventude galega.