Bolsas FormARTE en actividades culturais

04 Abr 2017

O Ministerio de Cultura convoca as bolsas FormARTE de formación e especialización en materias da competencia de institucións culturais dependentes do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

O obxecto destas bolsas é contribuír á formación de especialistas en materias artísticas, xestión cultural, arquivos, conservación e restauración, museoloxía e
biblioteconomía, mediante a realización dun programa de actividades teórico-práctico en dependencias e organismos públicos do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

Son 76 bolsas divididas en seis modalidades:

Bolsas de Conservación e Restauración de Bens Culturais: 12 bolsas.
Bolsas de Museoloxía: 15 bolsas.
Bolsas de Biblioteconomía e Documentación: 11 bolsas.
Bolsas de Arquivística: 17 bolsas.
Bolsas de Xestión Cultural: 17 bolsas.
Bolsas de Artes Plásticas e Fotografía: 4 bolsas.

Tipos de bolsas:

Bolsas de Conservación e Restauración de Bens Culturais: 12 bolsas.

a) Subdirección Xeral do IPCE:
- Bolsa de arqueoloxía, 1 bolsa.
- Bolsa de arquitectura, 1 bolsa.
- Bolsa de conservación e restauración de arqueoloxía, 1 bolsa.
- Bolsa de investigación, 1 bolsa.
- Bolsa de conservación e restauración de documento/obra gráfica, 1 bolsa.
- Bolsa de conservación e restauración de escultura policromada, 1 bolsa.
- Bolsa de conservación e restauración de materiais pétreos, 1 bolsa.
b) ICAA. Filmoteca Española. Centro de Conservación e Restauración:
- Bolsas de investigación de fondos fílmicos, 2 bolsas.
d) Museo Nacional do Prado:
- Bolsa de conservación e restauración de escultura de materiais petreso e metálicos, 1 bolsa.
- Bolsa de conservación e restauración de documento/obra gráfica, 1 bolsa
e) Museo Nacional Centro de Arte Raíña Sofía:
- Bolsas de conservación e restauración de soporte celulósico, 1 bolsas..


Bolsas de Museoloxía: 16 bolsas

- Biblioteca Nacional de España (Madrid), 1 bolsas.
- Museo do Greco (Toledo), 1 bolsa.
- Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (Madrid), 1 bolsa.
- Museo Nacional de Arqueoloxía Subacuática. ARQUA (Cartaxena), 1 bolsa.
- Museo Nacional de Arte Romano (Mérida), 1 bolsa.
- Museo Nacional de Cerámica e Artes Suntuarias González Martí (Valencia), 1 bolsa.
- Museo Nacional de Escultura (Valladolid), 1 bolsa.
- Museo Nacional do Prado (Madrid), 2 bolsas.
- Museo Nacional e Centro de Invest. de Altamira (Santillana del Mar,Cantabria), 1 bolsa.
- Museo Sefardí (Toledo), 1 bolsa.
- Museo Nacional do Romanticismo (Madrid): 1 bolsa
- Museo Cerralbo (Madrid): 1 bolsa
- Museo Nacional de Antropoloxía (Madrid): 1 bolsa
- Museo Sorolla (Madrid): 1 bolsa

Bolsas de Biblioteconomía e Documentación: 11 bolsas

Convócanse un total de 11 bolsas: 8 bolsas na especialidade de Fondo Moderno e 3 bolsas na de Fondo Antigo.
a) Fondo moderno:
Biblioteca de Cultura (Madrid), 1 bolsa
Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais. ICCA. Filmoteca Española (Madrid), 1 bolsa
Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música. INAEM. Centro de Documentación Teatral (Madrid), 1 bolsa
Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria (Madrid), 3 bolsas
Subdirección Xeral de promoción da Lectura e o Libro (Madrid), 2 bolsa
b) Fondo antigo:
Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria (Madrid), 3 bolsas.


Bolsas de Arquivística: 17 bolsas

- Arquivo Histórico Nacional (Madrid), 1 bolsa.
- Arquivo Xeral da Administración (Alcalá de Henares, Madrid), 1 bolsa.
- Arquivo da Real Chancillería de Valladolid (Valladolid) 1 bolsa.
- Arquivo Xeral de Indias (Sevilla), 1 bolsa.
- Arquivo Xeral de Simancas (Valladolid) ,2 bolsas.
- Arquivo da Biblioteca Nacional de España (Madrid), 3 bolsas.
- Centro Documental da Memoria Histórica (Salamanca), 1 bolsa.
- Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais ICCA. Filmoteca Española (Madrid), 2 bolsa.
- Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música INAEM Centro de Documentación de Música e Danza (Madrid), 1 bolsa.
- Arquivo do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (Madrid), 1 bolsa.
- Arquivo do Museo Nacional do Prado (Madrid), 1 bolsa.
- Sección Nobreza do Arquivo Histórico Nacional (Toledo), 1 bolsa.
- Subdirección Xeral dos Arquivos Estatais (Madrid), 1 bolsa.


Bolsas de Xestión Cultural: 17 bolsas

- Museo Nacional do Prado (Madrid), 1 bolsa.
- Subsecretaría. Oficina de Atención ao Cidadán (Madrid), 1 bolsa.
- Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (Madrid), 1 bolsa.
- Dirección Xeral de Política e Industrias Culturais e do Mecenazgo (Madrid), 2 bolsas.
- Dirección Xeral de Belas Artes e Bens Culturais (Madrid), 1 bolsa.
- Promoción do libro: 1 bolsa
- Patrimonio histórico: 1 bolsa
- Biblioteca Nacional de España: 1 bolsa
- Instituto cultura xitana (Madrid): 1 bolsa
- Cooperación coas CC.AA: 2 bolsas
- Arquivos estatais: 1
- Promoción exterior da cultura: 1 bolsa
- Museos estatais: 1 bolsa
- Instituto artes escénicas INAEM: 2 bolsas


Artes Plásticas e Fotografía: 4 bolsas

a) Artes Plásticas, 2 bolsas.
b) Fotografía, 2 bolsas.

A estanza formativa desenvolverase no Colexio de España da Cité Internationale Universitaire de París.

Requisitos específicos.
a) Acreditar iniciación, experiencia, realizacións, ou títulos e certificados académicos relacionados coa creación plástica e a fotografía.
b) Á solicitude deberán achegarse fotografías da obra recente, preferentemente en soporte electrónico.
c) Posuír coñecementos da lingua francesa

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 25 de abril de 2017.
Máis información no BOE do 1 de abril de 2017 e en
http://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/cultura/becas-ayudas-y-subvenciones/becas.html