Probas para a obtención dos certificados de lingua galega, Celga 1, 2, 3 e 4

04 Abr 2017

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2017.

Persoas destinatarias:
As persoas maiores de 16 anos, ou que os fagan antes de finais do ano 2017, nacionais ou estranxeiras.

Datas de realización das probas:
Celga 4: 10 de xuño de 2017.
Celga 2: 11 de xuño de 2017.
Celga 3: 17 de xuño de 2017.
Celga 1: 18 de xuño de 2017.

Lugares:
As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada.

Os formularios de solicitude, segundo o modelo ED114A, estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal e na páxina web http://www.lingua.gal que permite cubrir e editar a solicitude.
O praZO para presentar as solicitudes estará aberto ata o 4 de maio de 2017
Máis información no DOG do 4 de abril de 2017 e en www.lingua.gal