“A Xuventude no mundo” edición 2017: intercambio xuvenil en Sicilia, Italia

31 Mar 2017

No programa “A Xuventude no mundo”, a  Dirección Xeral de Xuventude Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social convoca un intercambio a Sicilia-Italia, enmarcado dentro das relacións bilaterais que mantén con distintas entidades noutros países.

Obxectivo:
Facilitar o coñecemento doutras realidades socioculturais,medioambientais e lingüísticas para a comprensión da diversidade cultural e medioambiental, e favorecer e potenciar a adquisición de habilidades e competencias non formais que faciliten o desenvolvemento persoal.
Datas de realización do intercambio:  do 27 de abril ao 4 de maio de  2017
Prazas: 10 (acompañados/as dun coordinador/a).
Lugar de realización do intercambio: No termo dos 13 municipios do Consorcio Intercomunale de Valli Joniche da provincia de Mesina.
Destinatarios: mozos e mozas galegos residentes en Galicia con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos de idade no momento de celebrarse o intercambio e que non participaran nos tres últimos anos de A Xuventude no Mundo.
Prazo de inscrición:  do 1 ao 5 de abril de 2017.
Inscrición: mediante envío de formulario electrónico dentro do prazo establecido. Só se admitirá unha solicitude por participante.

Os erros nos datos facilitados na solicitude de participación ou a omisión dalgún deles pode ocasionar a desestimación da solicitude.

Admisión:  será por rigoroso orde de inscrición, ata cubrir a totalidade de prazas convocadas para o intercambio. Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza. De non recibir comunicación de confirmación da praza o último día de inscrición, entenderase que non obtivo praza para o intercambio.

Confirmada a praza nos 5 días (naturais) seguintes as persoas seleccionadas deberán remitir a documentación que a continuación se indica ao correo  galeuropa@xunta.gal :
-Unha copia do billete de transporte adquirido para desprazarse ata o aeroporto     mais próximo da cidade do país do intercambio. Non é documento válido a     reserva de voo.
- Unha copia da Tarxeta Sanitaria Europea
A non remisión destes documentos no prazo establecido supón a perda da praza no intercambio.
De darse baixas despois de ter sido adxudicadas as prazas, ofertaránselle aos seguintes da lista de espera, tendo que presentar estes os billetes e a documentación nos 3 días (naturais) seguintes da comunicación.
De ser o caso de que o billete de transporte adquirido fose anulado posteriormente a súa remisión, á Dirección Xeral de Xuventude Participación e Voluntariado, anulará a praza e será considerada non adxudicada.
Recibidos correctamente as copias dos documentos requiridos, posteriormente as  persoas seleccionadas seralles facilitado o nome do/a coordinador/a que acompañará ao grupo, así como o lugar e a hora de encontro no aeroporto, e o nome do aloxamento de celebración do intercambio.
Realizarase o intercambio se existe un mínimo da metade mais unha das prazas convocadas

Cobertura do intercambio:
- Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple
- Trasporte no ámbito do intercambio
- Actividades organizadas pola entidade de acollida:
Coñecemento da entidade de acollida ( Consorcio de 13 concellos do Val Joniche).
Workshops diversos sobre medio ambiente.
Percorrido cultural polos principais monumentos dos  concellos de Pagliara , Mandanici, Itala,Ali,Terme,Scaletta Zanclea, Nizza de Sicilia, Rocalumera,
Visita as cidades de Taormina , Giardini Naxos e Castelmola.
Tour polo volcán Etna.
Conferencia sobre aforro de enerxía.
Visita a unha Fiandeira.
Cea internacional Siciliana- galega/española e Italiana,

Será a cargo do/a participante:
- Os gastos de desprazamento dende Galicia ata o lugar do intercmabio.
- A obtención da Tarxeta Sanitaria Europea ou seguro médico que dea cobertura equivalente durante a duración do intercambio.

Recomendación de aeroporto máis cércano: Aeroporto de Catania. Fontanarosa.

Máis información: galeuropa@xunta.gal

FORMULARIO DE INSCRICIÓN