Programa La Caixa Emprego Novo

31 Mar 2017

Fundación La Caixa organiza o Programa Emprego Novo (POEJ) para apoiar a contratación de mocidade en Garantía Xuvenil

Este programa consiste en:
Axudas de seis meses á contratación de duración determinada (temporal), cun período mínimo de permanencia de seis meses.
Axudas dun máximo de doce meses á contratación indefinida, cun período mínimo de permanencia de seis meses e ampliable a dous períodos sucesivos de tres meses cada un ata alcanzar a duración total máxima de doce meses.
As axudas serán cofinanciadas polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil nos termos establecidos no Programa Operativo de Emprego Xuvenil.
Os interesados deberán formalizar a súa solicitude a través do formulario dispoñible no portal web do Programa La Caixa Emprego Novo, e presentar a documentación requirida en formato electrónico. Previamente, deberán darse de alta na web do Programa.
Toda a documentación requirida poderá consultarse nas bases da convocatoria.
O prazo xeral para a inscrición estará aberto ata o día 31 de xullo de 2017, ás 19 h.

Requisitos:
Poderán ser beneficiarias das axudas, a condición de que estean domiciliadas en territorio español: Empresas, incluídos os empresarios autónomos Asociacións, fundacións e outras entidades sen ánimo de lucro.

Dotación:
Por cada contrato de duración determinada (temporal) outorgarase unha axuda de 4.200 euros, correspondente a unha contía fixa de 700 euros mensuais durante os seis primeiros meses de contrato.
Por cada contrato indefinido outorgarase unha axuda que poderá constar de entre unha e tres fases: Unha primeira fase de axuda de 4.800 euros, correspondente a unha contía fixa de 800 euros mensuais durante os seis primeiros meses de contrato (período de permanencia mínima).
Unha segunda fase de axuda de 2.400 euros adicionais, correspondentes a unha contía fixa de 800 euros mensuais por cada un dos tres meses inmediatamente posteriores ao período mínimo inicial de permanencia de seis meses.
Unha terceira fase de axuda de 2.400 euros adicionais, correspondentes a unha contía fixa de 800 euros mensuais durante un novo e último período adicional e consecutivo de tres meses.

https://www.lacaixaempleojoven.org