Axudas para a creación de empresas para os agricultores mozos

31 Mar 2017

A Consellería do Medio Rural convoca para o ano 2017 as axudas para apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para os agricultores mozos* e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 29 de abril de 2017.
As solicitudes poden presentarse en https://sede.xunta.es co procedemento MR404A
Máis información no DOG do 31 de marzo de 2017 e en http://mediorural.xunta.gal

*Agricultor mozo: a persoa que no momento de presentar a solicitude da axuda á primeira instalación teña cumpridos os dezaoito anos e non teña cumpridos os corenta e un anos, e se estableza nunha explotación agraria por primeira vez como titular desa explotación, de xeito individual, como cotitular ou como socio.