Bolsas de verán no CITIUS

31 Mar 2017

O Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información da Universidade de Santiago de Compostela (CiTIUS) oferta 10 bolsas de verán destinadas a estudantes de Grao que desexen realizar unhas prácticas de iniciación á investigación no CiTIUS.

As prácticas terán unha duración dun mes e desenvolveranse preferentemente durante o mes de xullo de 2017. Os estudantes recibirán unha bolsa de 700 euros e unha axuda para gastos de viaxe para os alumnos residentes fóra de Santiago (mediante a presentación de xustificantes, billetes): até 80€ para os alumnos residentes en Galicia e até 200€ para os alumnos residentes noutras comunidades autónomas.

Requisitos:
Estudantes de Grao en Enxeñaría Informática, Enxeñaría de Telecomunicacións, Física, Matemáticas ou disciplinas afíns.
Nota media no expediente dos estudos de Grao igual ou superior a 8,0 (escala de 0 a 10).
Finalizar o terceiro curso do Grao ou 140 créditos da titulación.

Prazo:
A presentación das solicitudes farase a través de e-mail á dirección citius.idi@usc.es, indicando no asunto [BOLSAS DE VERÁN] antes do martes 2 de maio de 2017 ás 23h59.

Os interesados deberán remitir a documentación requirida a citius.idi@usc.es indicando no asunto "BOLSAS DE VERÁN" antes do martes 2 de maio ás 23:59 h (CEST).

Máis información no CITIUS, citius.idi@usc.es ou nos teléfonos 881 816 410 ou 881 816 403.

https://citius.usc.es/novidades/noticias/o-citius-convoca-terceira-edicion-das-suas-bolsas-veran