Curso de Iniciación á Robótica Educativa

30 Mar 2017

O Centro Galego de Robótica Educativa convoca a segunda edición do Curso de Iniciación á Robótica Educativa.

Este curso ten como obxectivo a facultación de Profesores, Monitores de Actividades de Tempo libre, titores e mesmo pais, para o manexo e programación de robots educativos, así como a súa utilización básica como recurso de apoio no desenvolvemento e a formación do menor.  
Toda a aprendizaxe baséase en proxectos e facilitan o desenvolvemento das competencias dixitais dos alumnos grazas á utilización da Robótica como materia vehicular.

O prezo será de 65 euros por sesión.
A sesión do curso de Robótica Educativa  será intensiva, cunha  duración de 5 horas.

Datas Curso:
Os días 28 abril (venres tarde) e 5 de maio (venres tarde) o horario é de 16 a 21.
Os días 29 abril (sábado mañá) e 6 de maio (sábado mañá) o horario é de 10 a 15.

Programa:
a) Dispositivos e definición. P.BL
b) Dispositivos para infantil e aplicacións didácticas. (Bee-bot, escornabot). Realización de actividades, elaboración de materiais.  Manexo e programación.
c) Dispositivos para primaria. Execución de proxectos, didáctica da actividade. Realización de proxectos.  Isto implica a construción do dispositivo / robot, programación e retos.

Usaranse dispositivos de Lego Education (We Do 2.0)
Desenvolverase nas instalacións do Centro en Briabi 12. A Cañiza

http://centrogallegoderoboticaeducativa.com/wordpress/curso-iniciacion-a-la-robotica-educativa/