Encontro territorial de información xuvenil en Vigo

30 Mar 2017

O día 29 de marzo desenvolveuse en Vigo o Encontro territorial de información xuvenil, no que participaron informadores/as xuvenís e concelleiros/as de xuventude da provincia de Pontevedra.
Neste Encontro trataronse os seguintes temas: o borrador do novo Decreto de Xuventude, a nova Orde de subvención aos concellos, Voluntariado xuvenil, Correspondentes xuvenís, Garantía xuvenil+Six, Galeuropa, Iniciativa Xove e Xuventude Crea.
Ao Encontro asistiu a Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez