20 bolsas da Deputación da Coruña

27 Mar 2017

A Deputación da Coruña convoca 20 bolsas, destinadas a persoas con titulación universitaria que pretendan facer un traballo de investigación no período 2017-2018, cunha duración mínima de nove meses, distribuídas nas seguintes áreas:

Área de ciencias sociais e xurídicas: 3 bolsas
Área de ciencias: 4 bolsas
Área de ciencias da saúde: 4 bolsas
Área de enxeñaría e arquitectura: 2 bolsas
Área de artes e humanidades: 3 bolsas
Área de estudos de xénero: 2 bolsas
Área de planificación sociolingüística da lingua galega: 2 bolsas

A dotación das bolsas é de 8.000 € cada unha delas.

Requisitos:
Posuír titulación universitaria (licenciado, diplomado, grao ou equivalente).
Acreditar a residencia en calquera concello da provincia da Coruña.

As solicitudes presentaranse de xeito telemático, na plataforma SUBTEL a través da páxina web da Deputación da Coruña: www.dacoruna.gal

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata ás 14.00 horas do día 27 de abril de 2017

Máis información no BOP da Coruña do 27 de marzo de 2017 e en https://www.dicoruna.es/cultura/bolsas/