XIV Certame de artes plásticas Deputación de Ourense para a mocidade

27 Mar 2017

A Deputación de Ourense convoca o XIV Certame de artes plásticas para a mozos ou mozas de entre 18 e 30 anos.

A convocatoria realízase para as modalidades de pintura, escultura, gravado e calquera outro tipo de expresión artística (vídeo, arte dixital, instalacións, etc.).
Poderán participar tódolos artistas con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos.
A temática será libre, e admitirase todo tipo de tendencia estética. Na realización da obra poderase empregar calquera tipo de técnica e material.
Cada concursante poderá participar cun máximo de 2 obras, aínda que pertenzan a distintas modalidades.
As obras axustaranse ás seguintes características:
Pintura: non superior a 2 metros en calquera das súas dimensións.
Escultura: terá unha altura máxima de 1,80 m e unha base que non superará 1m x 1m.
Gravado e outras expresións artísticas: medidas libres.
As obras non poderán estar premiadas con anterioridade en ningún outro certame artístico.
Establécense os seguintes premios sen distinción de modalidade:
- Primeiro premio: 3.000 €.
- Segundo premio: 2.000 €.
- Terceiro premio: 1.000 €.
- Dous accésits de 500 € cada un.
As obras entregaranse ou serán enviadas ao Centro Cultural da Deputación de Ourense. Rúa do Progreso, 30. 32003 Ourense.
O prazo de presentación das obras estará aberto ata o día 15 de xuño de 2017.
Máis información no BOP de Ourense de 27 de marzo de 2017 e en www.depourense.es