Curso de Monitor/a de actividades de tempo libre en Mondariz

24 Mar 2017

O Concello de Mondariz organiza un curso de monitor/a de actividades de tempo libre que impartirá a Escola Pasatempos.
Duración: 350 horas (200h teóricas + 150h prácticas)
Datas e lugar: do 15 de abril ata o 25 de xuño nas aulas da escola de Vilar (Mondariz)
Horario: sábados, domingos e festivos de 09:00h a 14:00h e de 16:00h a 21:00h (a maior parte dos domingos o horario será de 9 a 14h)
Prezo: 180 €. O pago pode ser fraccionado.
Período de inscrición:  ata o 10 de abril
Período pagamento matrícula: Do 10 ao 12 de abril
Requisitos: ter 18 anos. Ter calquera destas titulacións: ESO, graduado escolar, técnico de FP ou equivalente.

Máis información e inscricións:
Oficina Municipal de Información Xuvenil de Mondariz (OMIX). Rúa Merouces 16. 36870 Mondariz
Tfno: 986 664 306
Email: omix@concellodemondariz.com