XII Premio de composición musical “Andrés Gaos”

23 Mar 2017

A Deputación da Coruña convoca o XII Premio de composición musical “Andrés Gaos”

Poderán optar ao premio todas aquelas persoas, calquera que sexa a súa nacionalidade, que presente obras inéditas e non premiadas con anterioridade.

Establécese un premio único e indivisible, dotado con 6.500 €.

As obras serán de tema e extensión libres.
O equipo orquestral máximo para a execución das obras será a seguinte:
14 violíns I
12 violíns II
10 violas
9 violoncelos
6 contrabaixos
3 frautas
3 óboes
3 clarinetes
3 fagotes
4 trompas
3 trompetas
3 trombóns
1 tuba
1 timbal +3 percusionistas
1 arpa
1 piano
Poderá utilizarse un solista vocal ou un solista instrumental.

As obras presentaranse preferentemente en formato dixital: CD que incluirá na portada: XII Premio de composición musical "Andrés Gaos", título da obra e un lema, ou o pseudónimo da persoa que sexa a autora; o formato será PDF.
No caso de optar pola presentación en papel, os orixinais enviaranse por duplicado, en exemplares separados, en tamaño DIN A3, polas dúas caras, numerados, grampados ou encadernados.
A obra será presentada baixo o sistema de plica, polo que será enviada xunto cun sobre á parte; no exterior do sobre farase constar o título da obra e un lema, ou o pseudónimo da persoa que sexa a súa autora; no interior incluirase unha copia do documento de identidade, dirección, teléfono de contacto e correo electrónico e, ademais se icluirá unha
declaración expresa de que a obra é inédita e que non foi premiada, ata a data de presentación, en ningún outro certame ou premio.

O prazo de presentación dás solicitudes estará aberto ata 15 de xullo de 2017.

Máis información non BOP da Coruña do 22 de marzo de 2017 e en http://www.dicoruna.es/cultura/premios/andres-gaos/