XI Premio de literatura infantil e xuvenil “Raíña Lupa”

23 Mar 2017

A Deputación da Coruña convoca o XI Premio de literatura infantil e xuvenil “Raíña Lupa”

Poderán participar todas as persoas, maiores de idade, de calquera nacionalidade, que non fosen premiadas nas cinco edicións anteriores, e que presenten narracións en lingua galega, dirixidas ao público infantil e xuvenil, inéditas e non premiadas en ningún outro premio o certame.

Establécese un premio único e indivisible, dotado con 6.500 €.

As obras serán de tema e extensión libres, observando as características propias da narrativa dirixida ao público infantil ou xuvenil, e poderán incluir elementos ilustrativos, gráficos, etc.
A presentación será feita, preferentemente, en formato dixital, por medio dun CD que incluirá na carátula a seguinte inscrición: XI Premio de literatura infantil e xuvenil “Raíña Lupa”, título da obra e lema o seudónimo; o tratamiento de texto será Word, OpenOffice ou PDF.
No caso de optar pola presentación en papel, as obras serán presentadas por duplicado, en exemplares separados, tamaño DIN A 4, e impresos polas dúas caras, ademáis deberán estar numerados, grampados ou encadernados.
A obra será presentada baixo o sistema de plica, polo que será enviada achegada dun sobre aparte; no exterior do sobre figurará o título da obra e o lema ou pseudónimo do seu autor; no interior incluirase unha copia do NIF, o enderezo, teléfono de contacto e correo electrónico e, ademais, unha declaración expresa de que a obra é inédita e que non foi
premiada, ata a data da súa presentación, en ningún outro certame ou premio.

O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata 1 de xuño de 2017.

Máis información no BOP da Coruña do 22 de marzo de 2017 e en http://www.dicoruna.es/cultura/premios/lupa/