XI Premio internacional de arte gráfico “Jesús Núñez”

23 Mar 2017

A Deputación da Coruña convoca o XII Premio internacional de arte gráfico “Jesús Núñez”

Poderán optar ao premio todas as persoas maiores de idade calquera que sexa a súa nacionalidade, que non obtivesen o premio nas cinco edicións anteriores, e que presenten obras que non fosen presentadas anteriormente a ningún outro concurso ou certame.

Premios:
Primeiro premio de 6.500 € e unha exposición na Fundación CIEC.
Dous accesits consistentes cada un deles en bolsa de matrícula dun módulo do Máster de Obra Gráfica impartido pola Fundación CIEC.
Cada artista poderá presentar un máximo dunha obra, en calquera das disciplinas das técnicas gráficas: gravado calcográfico, litografía, serigrafía, xilografía e as súas derivacións.
As obras presentaranse asinadas, sen enmarcar e ao dorso deberá figurar o nome e apelidos do autor, e o ano da súa realización.
As medidas do papel non excederán de 76 x 112 cm e o tamaño da mancha imprimida será, como mínimo, de 28 x 28 cm. O grosor das obras non poderá superar 1 cm.

O prazo de presentación de obras iniciará o día 1 de xuño de 2017 e finalizará o día 30 de xullo de 2017.
Máis información no BOP da Coruña do 22 de marzo de 2016 e en www.dicoruna.es/cultura/premios