XXIX Premio de narrativa “Torrente Ballester”

23 Mar 2017

A Deputación da Coruña convoca o XXIX Premio de narrativa “Torrente Ballester”

Poderán optar ao premio todas aquelas persoas, que non o obtiveron nos cinco anos anteriores a este e que presenten
obras inéditas, escritas en lingua galega, e non premiadas con anterioridade.

Será outorgado un premio único e indivisible, dotado con 25.000 €.
As obras serán de tema e extensión libres, poderanse presentar novelas, relatos e conxuntos de relatos.

O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata 10 de xuño de 2017.
Máis información no BOP da Coruña do 23 de marzo de 2017 e en https://www.dicoruna.es/cultura/premios/torrente/