XII Premio de banda deseñada “Castelao”

22 Mar 2017

A Deputación da Coruña convoca o XII Premio de banda deseñada “Castelao”

Poderán participar todas as persoas, maiores de idade, de calquera nacionalidade, que non fosen premiadas nas edicións anteriores, e que presenten narracións en banda deseñada escritas en lingua galega, inéditas e non premiadas en ningún outro premio o certame.
As obras presentadas poderán ser escritas e debuxadas, cada unha delas, por un máximo de dous autores (un como guionista e outro como debuxante).

Establécense dous premios dotados con 6.500 € cada un deles, para cada unha das seguintes categorías:
a) Para todo tipo de lectores
b) Especialmente dirixido ao lector infantil

A Deputación publicará a obra premiada, reservándose durante un prazo de dezaoito meses os dereitos de editala, e entregará ao gañador trinta exemplares.
O autor ou autores manterán os dereitos para a posible edición da obra en calquera outra lingua distinta á galega.
Así mesmo, cos traballos orixinais será realizada unha exposición de carácter itinerante.
A temática das obras será libre, podendo tratarse dunha historia única ou dun conxunto de historias.

O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata 15 de xuño de 2017.
Máis información no BOP da Coruña do 22 de marzo de 2017 e en www.dicoruna.es/cultura/premios/castelao