100 Bolsas no CSIC

22 Mar 2017

O Consello Superior de Investigacións Científicas, CSIC, convoca 100 bolsas para estancias de dous meses en Institutos e Centros do CSIC, propiciando unha aproximación ao coñecemento dos problemas científico-técnicos de actualidade e aos métodos utilizados para a súa resolución, dentro do Programa «Junta Ampliación de Estudios»
Requisitos:
Finalizar os estudos de licenciatura ou grao no curso 2014-2015 ou posterior cunha nota media, nunha escala decimal de 0-10 e con 2 decimais, igual ou superior a 8.00 para todas as ramas de coñecemento, excepto para Enxeñería e Arquitectura que será igual ou superior a 7.00 ou estar matriculados nun Máster Universitario Oficial no curso 2016-2017 ou ter feita a inscrición ou pre-inscrición nun Máster Universitario Oficial para o curso 2017-2018.
A dotación das bolsas será de 2.000 € en tres pagos.
Prazo de presentación de solicitudes: do 18 de abril de 2016 ao 9 de maio de 2017.
Máis información no BOE do 22 de marzo de 2017 e en https://sede.csic.gob.es/intro2017