Axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas

22 Mar 2017

Emprego convoca bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego.
Requisitos:
Participar nas accións formativas recollidas no marco da formación de oferta da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, dirixidas prioritariamente tanto a persoas traballadoras desempregadas como a persoas traballadoras ocupadas.
Prazo: as solicitudes presentaranse no prazo dun mes desde a súa incorporación á acción formativa, sempre antes do 15 de decembro de 2017.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento TR301V
Máis información no DOG do 22 de marzo de 2017 e en http://emprego.ceei.xunta.gal/