Video realizado polo equipo de Correspondentes do IES Saturnino Montojo

21 Mar 2017

Dende o IES Saturnino Montojo enviannos un artigo publicado na revista  Nós, Tamén  sobre a experiencia de Lucía Huergo, Ángela Costas, Lucía Cuadrado e Clara Mariana no programa Campus Científicos de verán no que participaron en 2016. Aproveitaron a súa experiencia para animar así a outros compañeiros/as.

Tamén nos envían un video no que resumen a súas últimas actividades:
A presentación que fixeron do programa de Correspondentes Xuvenís a un grupo de profesores de País de Gales que estiveron en Ferrol convidados polo CFR.  Estes valoraron o programa moi positivamente.
Entrevistaronse co Concelleiro de Participación Cidadá de Ferrol para pór en marcha unha experiencia piloto sobre Camiños Escolares Seguros.
O Encontro de Correspondentes Xuvenís en Gandarío
E especialmente a difusión das bolsas de inglés e dos campamentos científicos entre os seus compañeiros/as

O vídeo pode verse neste enlace. Para que teña maior calidade hai que descargalo:
https://1drv.ms/v/s!Aor-YcPDxtzYjCdQiI1glxaCDWGZ

 

Aquí podedes ver información para este verán de:

Bolsas de inglés en España

Campus científicos de verán 2017

Actividades de inglés en Galicia

Programa de educación ambiental

Rutas científicas, artísticas e literarias