A sala Plataforma14 acolle a exposición "Caricaturas e retratos"

20 Mar 2017

Esta exposición presentará unha nova serie de obras creadas polo artista plástico e ilustrador coruñés Juan José Estrada Dopazo (1983).
A mostra reunirá unha colección de caricaturas e retratos realizadas mediante técnicas tradicionais, grafito,carboncillo,tiza,pastel e acrílico) sobre soportes como papel, cartón, madeira ou lienzo. En elas, aparecen máis de trinta figuras que  o autor considera clave da cultura dos séculos XX e XXI, enmarcando os seus traballos na tradición clásica da caricatura-retrato.

Juan José Estrada Dopazo é un debuxante autodidacta nado na Coruña en 1983. Retratista e caricaturista dende a infancia é Licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, completando os seus estudos co ciclos de formación profesional en Ilustración e Artes aplicadas á Escultura. E membro da Asociación Española de Caricaturistas e actualmente desenrola o seu traballo como ilustrador freelance.

A exposición poderase visitar do 16 de marzo ao 8 de abril na sala Plataforma14 do Fórum Metropolitano da Coruña. O horario é de luns a venres de 9:00 a 21:00 e os sábados de 9.00 a 14:00 e de 17:00 a 21.00h.

A sala Plataforma14 está situado no CMIX, Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña. Fórum Metropolitano R/ Río Monelos, 1. A Coruña.
Teléfono 981 184 294

www.coruna.es/cmix/plataforma14