XXII Certame Literario de Piñor de narracións breves

20 Mar 2017

A asociación Música e Cultura de Galicia convoca o XXII Certame Literario de Piñor na especialidade de narracións breves.

Premiaranse os tres mellores relatos, con 150 € para o primeiro clasificado, 125 € para o segundo e 100 € para o terceiro. Entregaráselle ademais a cada un deles un diploma acreditativo do seu galardón e un obsequio conmemorativo.

Un premio poderá ser declarado deserto cando o xurado así o determine e sempre por causa fundamentada.

Para recibiren os seus galardóns os gañadores deberán comparecer obrigatoriamente no acto de entrega de premios, perdendo ese dereito no caso contrario.

Os relatos, de temática libre, deberán ser orixinais, inéditos, en galego e non poderán estar xa premiados noutros certames. A súa extensión non excederá de 10 folios, por unha soa cara e con interliñado de duplo espazo. Ademais deberán presentarse mecanografados e encabezados por un lema ou pseudónimo.

Os traballos enviaranse por correo ordinario á sede social da Asociación Cultural Música e Cultura de Galicia (Rúa do Pito 1. 32930 San Lourenzo de Piñor. Ourense), indicando no sobre: PARA O XXII CERTAME LITERARIO DE PIÑOR. Xunto cos traballos, os participantes deberán enviar os seus datos nun sobre no que aparecerá pola súa parte externa, o lema ou pseudónimo, así como a categoría na que  participan. Dentro del, figurará o nome e apelidos do autor, idade, enderezo, correo electrónico e número de teléfono. Os traballos tamén poderán ser enviados mediante un correo electrónico a justocalvio@yahoo.es con dous arquivos Word, contendo o primeiro deles, denominado “relato”, a obra a concurso; e o segundo, denominado “plica”, os datos persoais que se esixen do autor.

O prazo de admisión estará aberto ata o venres, 12 de maio de 2017.

O fallo do xurado será inapelable e a entrega dos premios terá lugar o sábado, 20 de maio do 2017, pola tarde, na cidade de Ourense.

Os relatos premiados serán editados na web da asociación Música e Cultura de Galicia, www.musicabarbadas.com reservándose tamén os organizadores o dereito de publicalos en libros e outros medios de difusión. Os gañadores deberán enviar por correo electrónico os seus traballos á organización do certame, antes da entrega de premios. Destruiranse tódalas narracións presentadas ao certame, polo que non serán devoltas aos seus autores.

www.musicabarbadas.com