American Studies

17 Mar 2017

A Asociación Española para o Estudo dos Estados Unidos de América (S.A.A.S.) en colaboración coa Comisión de Intercambio Cultural, Educativo e Científico entre España e Estados Unidos de América (Comisión Fulbright), anuncia a convocatoria bienal dunha bolsa dirixida a mozos investigadores no campo de "American Studies".

Obxectivos
Dirixida a investigadores postdoctorales. O obxectivo desta bolsa é contribuír ao desenvolvemento dos estudos sobre Estados Unidos e ampliar as posibilidades de investigación de calidade en centros norteamericanos.
 
Prazo de presentación de solicitudes: ata ao 8 de maio de 2017  

Requisitos
Nacionalidade española ou doutro país da Unión Europea.
Estar en posesión do grao de Doutor con posterioridade ao 31 de decembro de 2007.
Excelente coñecemento do idioma inglés falado e escrito no momento de formalizar a solicitude.
 
Documentación:
Certificado académico completo.
Título de grao de doutor ou xustificante de solicitalo.
DNI ou pasaporte.
Fotografía recente.
Curriculum Vitae
Carta de invitación ao centro estadounidense onde se vai a desenvolver o traballo de investigación.

Duración: De 3 a 12 meses, sen posibilidade de renovación.
Datas: Outono de 2017 ata o verán de 2018.
Dotación: Asignación única de 6.000 € para cubrir gastos de viaxe e manutención.   
Proceso de selección: Maio - Xuño

https://fulbright.es/convocatorias/ver/1540/spanish-association-for-american-studies/2017-2018