Estudos artísticos en EE.UU.

17 Mar 2017

O Ministerio de Educación convoca bolsas para a ampliación de estudos artísticos e de xestión cultural nos Estados Unidos de América para o curso 2017/2018, nas seguintes especialidades ou áreas de actividade:

Artes Audiovisuais, Escénicas, Plásticas e Visuais, Música e Musicoloxía, Museoloxía e Conservación do Patrimonio, Xestión Cultural.

Requisitos dos solicitantes:
a) Posuír a nacionalidade española.
b) Posuír o título superior expedido por unha universidade española, ou se non, recoñecido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. Excepcionalmente, aceptaranse os títulos expedidos por outras institucións aínda que non estean homologados polo Ministerio. Aplicarase esta excepcionalidade no caso das especialidades de creación artística e interpretación. Tamén poderán optar a bolsa, os que non tendo estudos de grao, acrediten a formación ou experiencia que lles permita o acceso a estudos de postgrao en centros de Estados Unidos.
c) Ter unha carta de acceso ou de convite dun centro estadounidense para realizar un programa acorde coa memoria de estudos presentada con carácter previo á concesión da bolsa.

O formulario de solicitude electrónica así como o impreso das cartas de referencia están dispoñibles en http://www.fulbright.es

O prazo de presentación de solicitudes estará aberta ata o 2 de maio de 2017.
Máis información no BOE do 17 de marzo de 2017 e en http://fulbright.es/ver/formulario-informacion