Actividades no concello de Meis

16 Mar 2017

Nova campaña de animación á lectura 2017 na Biblioteca  Pública de Meis (Programa Ler conta moito)

O próximo mércores ás 18.30h para cativos/as de 3 a 9 anos, (conmemorando o Día da Poesía, 21 de marzo), interpretacións musicais da poesía a cargo de Manoele de Felisa.
Actividade gratuita.
 
Xornadas de pan e cociña en Marzo

xoves 23 de marzo: 10h a 13h  Xornada de cociña
xoves 23 de marzo:16h a 19.30h Xornada de pan
Prazas limitadas: mínimo 15, máximo 18
Inscricións na OMIX, teléfeno 986 712 277 ata o 21 de marzo.
 
Charla: qué podemos facer na prevención do cancro?

Mercores 15 de marzo ás 20.30 h no Centro multiusos do Mosteiro
Relatores:
Dr. Jorge Cameselle Teijeiro (Dr. en Medicina e Ciruxía)
Dña. Lidia Rojo de Dios (Enxeñeira Agrícola)
Co-Directores da Investigación pioneira sobre Quimioprevención do Cancro a partir do Bryophyllum daigremontianum
A continuación, presentación do estudo pionero no que están a traballar en conxunto co grupo de Biotecnoloxía Vexetal (BV06) da Universidade de Vigo e Aula Medioambiental Vigo, a través do cal se animará a todas aquelas mulleres sas que se queiran prestar voluntarias para a investigación sobre prevención primaria do cancro (totalmente gratuita).
Esta charla versa sobre a prevención primaria e secundaria do cáncro en xeral, moi interesante para todo a poboación, non só mulleres (ainda que pertenzan  ao grupo de investigación clínica en cancro de mama).
Polo que animamos a participar e darlle a máxima difusión na procura da prevención

Curso de Manipulador de alimentos + alérxenos
20 € ALUMNO
Inscricións na OMIX, teléfeno 986 712 277