XXVII Concurso de Contos Vila de Pontedeume

16 Mar 2017

O Concello de Pontedeume convoca o XXVII Concurso de Contos Vila de Pontedeume
O concurso de contos está dirixido a estudantes de Segundo Ciclo da ESO, Bacharelato e Ciclos de Formación de Grao Medio ou Superior, cuxa idade non supere os 20 anos.
A lingua a empregar será o galego. Os participantes concorrerán cunha única obra.
Os contos serán inéditos cunha extensión entre os 6 e 10 folios por unha soa cara.

As obras poderán presentarse directamente ou ben ser remitidas por correo certificado ao rexistro xeral do Concello de Pontedeume (rúa Real 13, 15600 Pontedeume. A Coruña) en sobre pechado co título da obra e lema ou pseudónimo do autor, acompañado doutro pequeno sobre, tamén pechado, no que conste o auténtico nome e apelidos do autor, así como a fotocopia do seu DNI, teléfono, enderezo e indicación do centro no que cursa os seus estudos e estudos que está cursando.

Premio: 476 €.

O prazo de presentación estará aberto ata o 7 de abril de 2017.

O día da entrega dos premios será o día 17 de maio, día das letras galegas.
Máis información no BOP da Coruña do 16 de marzo de 2017, e na OMIX de Pontedeume, teléfono 981 433 039

www.pontedeume.gal