"Programa Empleaverde"

16 Mar 2017

A Fundación Biodiversidade convoca subvencións para a realización de proxectos do "Programa empleaverde" cofinanciado polo Fondo Social Europeo en 2017.

Apoio a proxectos que poñan en marcha actuacións dirixidas a fomentar a creación e mellora do emprego e empresas en actividades económicas vinculadas ao medio ambiente e que teñan entre os seus obxectivos: Crear emprego verde e azul, mellorar as competencias e cualificaciones dos traballadores en sustentabilidade, impulsar a innovación social con impacto ambiental positivo, promover a creación e crecemento de empresas verdes e azuis, conectar os ecosistemas europeos de apoio ao emprendemento e emprego verde e azul.

Beneficiarios:
Entidades públicas ou privadas, con ou sen ánimo de lucro, que estean legalmente constituídas e debidamente inscritas no rexistro correspondente, con personalidade xurídica propia e que teñan sede en España.

O prazo para a presentación de solicitudes está aberto ata o 8 de maio de 2017.
Máis información no BOE do 16 de marzo de 2017 e en http://empleaverde.es