Encontros Territoriais de Información Xuvenil 2017

15 Mar 2017

A Dirección xeral de Xuventude convoca os Encontros Territoriais de Información Xuvenil 2017 que se levarán a cabo nos seguintes lugares e datas:

Ourense: 20 de marzo ás 12.00 h. no Espazo Xove de Ourense, sito na Rúa Celso Emilio Ferreiro, 27.
Vigo: 29 de marzo ás 12.00 h. no Edificio administrativo da Xunta, sito na Rúa Concepción Arenal, 8.
Lugo:  31 de marzo ás 12.00 h. no albergue residencia xuvenil LUG II, sito na  Rúa Pintor Corredoira, 4.
Santiago de Compostela: 3 de abril ás 12.00 h. no Centro coordinador de información xuvenil. Rúa Ramón Piñeiro, 17-19
 
Destinatarios/as:

Informadores/as e técnicos de xuventude da Rede Galega de Información Xuvenil. A inscrición realizarase a través do correo: ccoordinador.xuventude@xunta.es
Concelleiros, será o mesmo día e lugar, cos mesmos temas, pero comezando as 10:00h. A inscrición farase na Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, no correo electrónico: sonia.villaverde.cutrin@xunta.gal