Axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas

15 Mar 2017

A Secretaría Xeral da Emigración convoca axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas.
Poderán ser beneficiarias destas subvencións as seguintes persoas que, residindo fóra de España, se establezan na Comunidade Autónoma galega:
a) As persoas galegas e nacidas en Galicia.
b) Os cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os/as fillos/as das persoas galegas e nacidas en Galicia.
 
O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata o 31 de agosto de 2017, incluído.
Máis información en http://emigracion.xunta.gal/es e no DOG do 15 de marzo de 2017