Probas de avaliación libres para competencias dixitais en ofimática

15 Mar 2017

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia convoca probas de avaliación de carácter libre para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática.
O temario para a avaliación será o descrito no módulo formativo MF0233_2 Ofimática (190 horas), asociado á unidade de competencia UC0233_2, manexar aplicacións ofimáticas na xestión da información e da documentación, do Catálogo nacional de cualificacións.

A Rede Cemit ten publicados na súa plataforma de teleformación http://cemit.xunta.gal/ema os materiais formativos que forman parte do curso CODIX baixo a modalidade de autoformación como material de apoio para a preparación destas probas:
• Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico.
• Aplicacións informáticas de tratamento de textos. LibreOffice Writer.
• Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc.
• Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base.
• Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress.

Poden participar nestas probas todas aquelas persoas maiores de 16 anos.

As persoas que desexen participar nas probas presenciais deberán inscribirse na páxina web de Cemit http://cemit.xunta.gal
O prazo para presentarse a estas probas estará aberto ata o 22 de marzo de 2017.

Lugares das probas: https://cemit.xunta.gal/gl/node/6846


Máis información no DOG do 15 de marzo de 2017 e en http://cemit.xunta.gal