Premio Xohana Torres de ensaios e creacións audiovisuais sobre a Memoria Histórica das Mulleres de Compostela

14 Mar 2017

O Concello de Santiago de Compostela convoca o premio XOHANA TORRES de ensaios e creacións audiovisuais sobre a Memoria Histórica das Mulleres de Compostela, año 2017.

Os traballos que se presenten ao premio tratarán da participación social e política das mulleres e terán como obxectivo reconstruír a súa memoria histórica. Poderán ser ensaios literarios ou científicos ou pezas audiovisuais e sempre se referirán a mulleres compostelás.

Modalidades: ensaio ou creación audiovisual.

Modalidade ensaio:
a) Os participantes deberán presentar por duplicado un único traballo en soporte papel e dixital. En formato papel conterá un mínimo de 150 páxinas e un máximo de 300 páxinas, tamaño DIN A4, a dobre espazo, tamaño da fonte 12, con marxenes de 2,5 centímetros, a unha soa cara e numeradas. Cada unha das copias estará grafada ou encadernada por separado.
En formato dixital deberá presentarse en formato PDF cun tamaño máximo do arquivo de 100 MB presentándose en cadanseu DVD ou Pendrive
b) As obras, deberán presentarse coa seguinte estrutura: introdución, na que se exprese o tema e o obxectivo do ensaio; desenvolvemento do tema, coa exposición e a análise deste; conclusións, os/as autores/as expresarán as súas ideas sobre o tema; bibliografía, coas referencias ás fontes consultadas.
Modalidade creación audiovisual:
a) Os traballos audiovisuais deberán presentarse por duplicado e ter unha duración mínima de 15 minutos e aceptarase calquera tipo de expresión artística: flashmob, textos biográficos lidos ante a cámara, videoclips, fotografías, fotomontaxes, curtametraxes etc.. b) No caso dos traballos audiovisuais, presentaranse en formato DVD, no que se incluirá unha copia do vídeo e un link a unha plataforma de vídeos na cal poder ver a obra (Youtube ou Vimeo).

Premios:
Premiaranse dous traballos, un na modalidade de ensaio e outro na modalidade de creación audiovisual.
Cada un dos premios estará dotado con 2.500 €

Prazo: ata o 31 de decembro de 2017

Máis información: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2017/03/14/2017_0000001882.pdf