Programa "Centros de educación ambiental"

14 Mar 2017

O Ministerio de Educación convoca o programa Centros de educación ambiental en Zamora e en Cantabria.
É un proxecto educativo que pretende propiciar a adquisición de coñecementos, hábitos e condutas que incidan no coidado e mellora da contorna ambiental, mediante a análise dos problemas derivados da relación do home co medio e a participación en actividades que levan á reflexión, o compromiso e a actuación responsable cara á contorna.
Así mesmo trata de fomentar hábitos de vida saudable e desenvolver un conxunto de valores como a responsabilidade, a perseveranza, o coñecemento de si mesmo, o respecto e a autoestima.
A actividade de desenvolve en Villardeciervos (Zamora) e Viérnoles (Cantabria).

Requisitos
Grupos de alumnos que cursen 5º e 6º de Educación Primaria ou Educación Secundaria Obrigatoria.

Dotación
Participación gratuita na actividade que durará cinco días (incluidos os días de viaxe).

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 27 de marzo de 2017.

Máis información:
http://educacion.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/centros-docentes/becas-ayudas-subvenciones/no-universitarios/centros-educacion-ambiental.html

 
Orientaciones xerais para a elaboración do proxecto
Información do programa en Viérnoles
Información do programa en Villardeciervos