Bolsas no Centro de Investigacións Sociolóxicas

13 Mar 2017

O Centro de Investigacións Sociolóxicas convoca dez bolsas destinadas a posgraduados para a formación en métodos e técnicas utilizados na investigación social aplicada.

Requisitos:
Estar en posesión do título de graduado ou licenciado, o título deberá obterse dentro dos catro anos anteriores á data de presentación da solicitude.
As persoas aspirantes á obtención desta bolsa deberán acreditar unha cualificación media final igual ou superior a un 1,8 (segundo o baremo de 1 a 4).

O prazo para presentar solicitudes estrá aberto ata o 3 de abril de 2017
Máis información no BOE do 13 de marzo de 2017 e en www.cis.es