Axudas ao emprego autónomo e á contratación indefinida

13 Mar 2017

A Consellería de Economía, Emprego e Industria convoca subvencións para a promoción do emprego autónomo e a súa consolidación mediante incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas realizada polas persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia.

Establécense os seguintes programas de axudas:
a) Programa I. Promoción do emprego autónomo (procedemento TR341D).
b) Programa II. Programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas (procedemento TR349F).

Os dous procedementos poden tramitarse en https://sede.xunta.gal
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 30 de setembro de 2017

Máis información no DOG do 13 de marzo de 2017
http://emprego.ceei.xunta.gal/axudas-e-subvencions