Formación cooperativa para persoas que queren emprender

09 Mar 2017

A través do marco da programación da Rede Eusumo: Fomento do Cooperativismo e da Economía Social, para o ano 2017, A Unión de Cooperativas ESPAZOCOOP, vai levar adiante a seguinte acción formativa na entidade socia da Rede eusumo, do Concello de Salceda de Caselas
Formación cooperativa para persoas que queren emprender, destinado a persoas desempregadas e aquelas, que estando en activo, queiran traballar de forma cooperativa.
A participación nestas actividades é gratuíta, presencial e con posibilidade de certificación.

Lugar: CDL O Torrón, Entenza. Salceda de Caselas
Datas: do 28 ao 31 de Marzo
Horario: 9:30 a 14:30
Inscricións: Cubrindo o formulario on line

Máis información no Espazocoop, http://espazo.coop