Subvencións da Deputación da Coruña

09 Mar 2017

A Deputación da Coruña convoca as seguintes subvencións:

Mantemento de programas sociosanitarios: asociacións sen ánimo de lucro con sede na provincia da Coruña
Mantemento de políticas de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e loita contra a violencia de xénero: Asociacións de nais e pais de alumnos/as e asociacións sen ánimo de lucro con sede na provincia da Coruña
Investimento de servizos sociais: Centros especiais de emprego sen ánimo de lucro e asociacións sen ánimo de lucro con sede na provincia da Coruña
Desenvolvemento de programas de servizos sociais: Centros especiais de emprego sen ánimo de lucro e asociacións sen ánimo de lucro con sede na provincia da Coruña.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 20 de abril de 2017
Máis información no BOP da Coruña do 9 de marzo de 2017