285 bolsas de internacionalización empresarial

09 Mar 2017

O Ministerio de Economía convoca 285 axudas para a formación de mozos profesionais especializados en internacionalización empresarial:

As axudas instrumentalizaranse en dúas fases:
Fase I: consistirá en formación práctica obtida a través da Rede de Oficinas Económicas e Comerciais das Embaixadas de España no estranxeiro en 2019
Fase II: formación práctica en empresas e institucións vinculadas á internacionalización, dentro e fóra de España e en Organismos Internacionais dos que España é membro. Ofrece, ademais, formación adicional en varios idiomas e actividades formativas para que estes mozos profesionais sexan capaces de proporcionar un mellor servizo ao proceso de internacionalización empresarial español.

Requisitos:
a) Posuír a nacionalidade dun estado membro da Unión Europea.
b) Nacer a partir do 1 de xaneiro de 1989.
c) Estar en posesión, dunha titulación universitaria superior de carácter oficial: Licenciatura/Enxeñería Superior/Arquitectura/Grao.
d) Dominar a lingua española.
e) Acreditar, documentalmente, posuír coñecemento avanzado de inglés (o nivel mínimo esixido, é o B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL)). Aceptaranse os títulos emitidos a partir do 1 de xaneiro de 2012.
f) Non ser beneficiario destas bolsas en edicións anteriores.

O prazo de presentación de solicitudes será do 17 de abril ao 17 de maio de 2017.
Máis información en http://www.icex.es/icex/es/navegacion-principal/todos-nuestros-servicios/formacion/becas/conoce-las-becas-icex/index.html  e no BOE do 9 de marzo de 2017, na sección de anuncios