European Coworking EOI

08 Mar 2017

A Fundación EOI convocou o programa de aceleración internacional European Coworking EOI no que se reservarán dez prazas para proxectos relacionados coa economía verde.

O programa está dirixido a emprendedores españois de todos os sectores, con clara orientación internacional, cuxos proxectos empresariais serán tutorizados por mentores de centros de emprendemento/innovación situados en países da Unión Europea.

Esta convocatoria aberta a emprendedores cun proxecto empresarial en fase temperá de desenvolvemento, ou cunha empresa creada recentemente (non máis de 24 meses antes da súa incorporación ao Programa de Aceleración). Estímanse entre 50 e 60 os emprendedores que poderán participar nesta convocatoria.

European Coworkings EOI circunscríbese dentro o Programa Operativo de intervención comunitaria do Fondo Social Europeo de Emprego, Formación e Educación.

Os emprendedores poderán elixir o centro de aceleración que máis lles interese ir, pero será a fundación a encargada de distribuír as prazas.

É requisito indispensable enviar un vídeo de máximo 3 minutos de duración, explicando en inglés os seguintes puntos:
En que consiste o teu proxecto empresarial (temática, sector, por que decidiches crealo)
Cales son os principais retos aos que se enfronta o teu proxecto neste momento.
Por que che interesa este programa de aceleración europeo

Requisitos:
Ter a súa empresa creada recentemente (non máis de 24 meses antes da súa incorporación ao programa).
Dominar o inglés (falado e escrito) ou polo menos defenderse razoablemente para seguir todas as actividades de formación e mentorización.
Posuír a preparación técnica suficiente para desenvolver o proxecto de aceleración.
Querer mellorar as súas capacidades e habilidades para acelerar o seu proxecto empresarial cunha clara orientación internacional.
Ter a dispoñibilidade e compatibilidade para seguir as accións formativas, tanto no seu parte virtual como no seu parte presencial no centro europeo (non se admiten mascotas na estancia en Europa).

Prazo: ata o 15 de setembro de 2017

https://www.eoi.es/es/espacios-coworking/european-coworkings