Prazas nas escolas infantís 0-3

08 Mar 2017

A Axencia Galega de Servizos Sociais e o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar (Rede de escolas infantís de Galicia A galiña azul) convocan prazas nas súas escolas infantís 0-3.

Requisitos:
a) Que o neno ou a nena xa nacese no momento de presentación da solicitude e teña a súa residencia en Galicia.
b) Que teña unha idade mínima de tres meses na data de ingreso na escola infantil en que obteña praza e non teña cumpridos os 3 anos de idade o 31 de decembro de 2017. Non obstante o anterior, poderanse eximir do límite de idade dos 3 anos os nenos e as nenas con necesidades específicas de apoio educativo, de acordo coa normativa vixente.
c) Respecto daquelas familias que xa escolarizasen un fillo ou filla no mesmo centro ou en calquera outro centro da rede, estar ao día no pagamento das cotas polos servizos recibidos na data de presentación da solicitude, tanto nos supostos de renovación de praza como de novo ingreso.

As solicitudes poden tramitarse en
https://sede.xunta.gal co código BS402A para a prazas das escolas da Axencia Galega de Servizos Sociais
https://sede.xunta.gal co código BS404A para a prazas das escolas da Rede de escolas infantís de Galicia A galiña azul  

O prazo para a presentación das solicitudes estará aberto ata o 8 de abril de 2017

Máis información no DOG do 8 de marzo de 2017 e en
www.escolasinfantisdegalicia.es
www.igualdadebenestar.org