Probas de avaliación en competencias clave

07 Mar 2017

O Instituto Galego das Cualificacións convoca probas de avaliación en competencias clave para o acceso ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional da formación profesional para o emprego.

As competencias clave convocadas son:

Comunicación en lingua galega.
Comunicación en lingua castelá.
Comunicación en lingua estranxeira (inglés).
Competencia matemática.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 24 de marzo de 2017.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento TR306A
Máis información no DOG do 3 de marzo de 2017 e en http://emprego.ceei.xunta.gal/portada-competencias-clave