900 018 018: teléfono contra o acoso escolar

02 Mai 2022

O Ministerio de Educación ten en marcha un teléfono contra o acoso escolar: 900 018 018

Os destinatarios do servizo son o alumnado, pais, nais e titores legais, profesorado, equipos directivos e persoal dos centros docentes, e en xeral calquera persoa que teña coñecemento de casos de malos tratos ou acoso no ámbito escolar, tanto dentro como fóra do centro docente.

Aténdense todos os casos de acoso verbal, psicolóxico, físico, social, sexual e ciberacoso por internet, móbiles e redes sociais
As chamadas serán atendidas exclusivamente por psicólogos/as. Pero a atención non será só psicolóxica, senón que conta cun equipo de traballadores sociais, xuristas e sociólogos que prestarán a atención que o menor necesite, asegurando en todo momento o anonimato e a confidencialidade das persoas que chamen se así o desexan.

O servizo prestarase durante 24 horas, os 7 días á semana, e todos os días do ano.

A chamada é gratuíta, e non aparecerá na factura do teléfono desde o que se faga a chamada; é dicir, non deixará rastro algún.

Ademais, ponse a disposición dos usuarios con discapacidade auditiva ou do fala un servizo de mensaxería de texto, así como a atención dun axente en linguaxe de signos por vídeo-chat ou vídeo-chamada.

900 018 018