Subvencións da Deputación da Coruña para actividades culturais

03 Mar 2017

A Deputación da Coruña convoca o seu programa de subvencións culturais:

1. Programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para a realización de actividades culturais
2. Programa de subvencións a corais polifónicas, bandas de música populares e entidades de música e baile tradicional galego da provincia da Coruña, para o desenvolvemento de actividades culturais.
3. Programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro titulares de museos, centros de interpretación ou bibliotecas e fundacións da provincia da Coruña para o desenvolvemento de actividades culturais.
4. Programa de subvencións ás entidades sen ánimo de lucro para realizar investimentos culturais durante o ano 2017.
5. Programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o apoio ao desenvolvemento de festivais audiovisuais, musicais e de artes escénicas
6. Programa de subvencións para corais polifónicas, bandas de música populares, entidades de música e baile tradicional galego e formacións musicais de gran formato da provincia da Coruña, para a realización de investimentos culturais.

Prazo: 7 de abril de 2017
Máis información no BOP da Coruña do 3 de marzo de 2017