IV Concurso Nacional de Coros Escolares nos ensinos non universitarios

02 Mar 2017

O Ministerio de Educación convoca o IV Concurso Nacional de Coros Escolares nos ensinos non universitarios correspondente ao curso escolar 2016-2017.

Poderán participar neste concurso centros públicos e privados que conten cunha agrupación coral formada por alumnos do centro pertencentes aos niveis de Educación Primaria (Modalidade A) e Educación Secundaria (Modalidade B).

Premios:
Modalidade A:
Primeiro premio: 8.000 euros.
Segundo premio: 3.000 euros.
Terceiro premio: 1.000 euros.
Modalidade B:
Primeiro premio: 8.000 euros.
Segundo premio: 3.000 euros.
Terceiro premio: 1.000 euros.

O prazo para a presentación das solicitudes de participación será do 1 ao 30 de abril de 2017.
Máis información no BOE do 2 de marzo de 2017