Programas de Bolsas MAEC-AECID de Arte, Educación e Cultura

01 Mar 2017

Bolsas convocadas polo Ministerio de Asuntos Exteriores para 2017-2018:

Bolsas MAEC-AECID para estudos artísticos na Academia de España en Roma
O Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación convoca bolsas para o financiamento de proxectos artísticos e de investigación innovadores e de excelencia, que teñan unha vinculación con Roma ou coa propia Academia, en réxime de residencia na Academia durante o período de concesión das bolsas, entre as seguintes especialidades:

Escultura.
Pintura.
Gravado.
Arquitectura.
Fotografía.
Videocreación.
Cine.
Deseño.
Deseño de moda.
Deseño gráfico.
Música e musicoloxía.
Artes escénicas.
Literatura (Bolsa Valle-Inclán).
Cómic.
Arte e novas tecnoloxías.
Museoloxía, comisariado, mediación artística.
Estética: teoría, filosofía e crítica da arte.
Arquivo e documentación. Bibliotecas históricas.
Historia da Arte.
Conservación e restauración de bens culturais: patrimonio artístico e cultural, material e inmaterial.
Gastronomía.

Requisitos:
Artista e creador de demostrable traxectoria ou investigador en áreas afíns a cada unha das especialidade.
Duración:
De un a 9 meses entre o 1 de outubro de 2017 e o 30 de xuño de 2018.
Dotación:
Mensualidade: 1.200 euros.
Aloxamento na Academia, sen manutención.
Gastos de produción. A cantidade asignada a cada proxecto non poderá exceder de 20.000 euros.
Axuda de viaxe de incorporación ao centro de destino.
Axuda de ata 100 € para bolseiros residentes fóra de Madrid para asistencia obrigatoria á reunión de bolseiros que se organizará en Madrid, antes da incorporación á Academia.
Seguro de asistencia en viaxe e accidentes.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto do 6 ao 17 de marzo de 2017.


Bolsas para prácticas de xestión cultural exterior

Bolsas para a realización de prácticas de xestión cultural nos Servizos Centrais da AECID, así como na rede exterior de Embaixadas, Consulados e Centros Culturais do Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación de España

Requisitos:
1. Ser cidadán español, ou dun país da UE con residencia en España.
2. Idade non superior a 27 anos o día 1 de outubro de 2017.
3. Posuír o título de grao ou licenciado, preferentemente en áreas afíns á xestión cultural, cooperación cultural ao desenvolvemento, humanidades e relacións internacionais.
4. Posuír coñecementos de uso das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC).
5. Posuír coñecementos do idioma do país de destino ou do idioma de comunicación no devandito país.
Duración:
Do 1 outubro de 2017 ao 30 de setembro de 2018, prorrogable por un ano máis.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto do 6 ao 18 de abril de 2017.


Bolsas para prácticas de cooperación para o desenvolvemento  nos centros de formación da Cooperación Española en América Latina

Convocanse dúas bolsas en cada un dos centros de formación da Cooperación Española en América Latina:
Cartagena de Indias, Colombia.
La Antigua, Guatemala.
Montevideo, Uruguai.
Santa Cruz da Serra, Bolivia.

Requisitos:
1. Ser cidadán español, ou dun país da UE con residencia en España.
2. Non ter cumprido 33 anos o 1 de xullo de 2017.
3. Posuír título de licenciado ou grao, ou nivel académico superior.
4. Formación específica em cooperación para o desenvolvemento

Duración:
Do 1 de xullo de 2017 ao 30 de xuño de 2018, prorrogable por un ano mais.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto do 1 ao 10 de marzo de 2017.


Bolsas de colaboración formativa nas sedes das Academias asociadas á Real Academia Española (RAE)

O obxecto destas bolsas é levar a cabo o programa de actividades establecido por cada unha das Academias durante a estanza de colaboración formativa, no ámbito da lingüística e filoloxía hispánicas, preferentemente lexicografía, e con especial atención aos proxectos conxuntos da ASALE.

Requisitos:
1. Nacionalidade. Poderán optar os nacionais dos seguintes países: Arxentina, Bolivia, Chile, Colombia, Costa Rica, Cuba, Ecuador, O Salvador, Estados Unidos, Filipinas, Guatemala, Honduras, México, Nicaragua, Panamá, Paraguai, Perú, Puerto Rico, República Dominicana, Uruguai e Venezuela.
2. Posuír título universitario superior en materias afíns á lingüística e filoloxía hispánicas.

Duración:
Do 1 de setembro de 2017 ao 31 de agosto de 2018, prorrogable por un ano máis.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto do 6 ao 15 de marzo de 2017.


Bolsas para o Colexio de Europa (Campus de Bruxes-Bélxica e Natolín-Polonia)

O obxecto destas bolsas é a realización dun dos seguintes estudos ofertados polo Colexio de Europa:
Máster en Estudos Económicos Europeos.
Máster en Estudos Económicos Europeos (Especialización: Integración Económica Europea e Negocios).
Máster en Dereito Europeo.
Máster en Estudos Políticos e Administrativos Europeos.
Máster en Relacións internacionais da U.E. e Estudos Diplomáticos.
Máster en Estudos Interdisciplinares Europeos.

Requisitos:
1. Ser cidadán español, ou dun país da UE con residencia en España.
2. Posuír o título de grao ou licenciado en materias afíns aos estudos xurídicos, económicos, político-sociolóxicos ou relacións internacionais no momento da incorporación ao Colexio de Europa.
3. Coñecementos de inglés.
4. Coñecementos de francés.
5. Ter enviado a solicitude de admisión académica ao Colexio de Europa, remitíndolle directamente o seu propio impreso de solicitude de praza e a documentación específica que solicita (descargar en: www.coleurope.eu), nos prazos estipulados polo Colexio.
6. Realizar a solicitude de bolsa MAEC-AECID

Duración:
Dez meses, do 1 de setembro de 2017 ao 30 de xuño de 2018.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto do 13 ao 21 de marzo de 2017.


Bolsas de formación musical de excelencia na Escola Superioir de Música Reina Sofía

O programa diríxese a novos talentos da carreira de piano, violín, viola, violoncelo, contrabaixo, óboe, trompa, clarinete, fagot, frauta ou canto, para que poidan seguir unha formación de excelencia na Escola Superior de Música Reina Sofía.

Requisitos:
1. Nacionalidade. Ser nacional dalgún dos seguintes países ou poboacións: Bolivia, Colombia, Cuba, Ecuador, El Salvador, Etiopía, Filipinas, Guatemala, Guinea Ecuatorial, Haití, Honduras, Mali, Mauritania, Marrocos, Mozambique, Nicaragua, Níxer, Paraguai, Perú, República Dominicana, Senegal; así mesmo, Poboación Saharauí e Territorios Palestinos.
Albania, Arxentina, Armenia, Azerbaián, Bielorusia, Chile, China, India, Turquía, Ucrania, Uruguai, Ubequistán e Venezuela
2. Non ter idade superior a 30 anos  o día 1 de setembro de 2017.
3. Ter a preadmisión na Escola Superior de Música Raíña Sofía, quedando a concesión da bolsa condicionada á formalización da matrícula.

Duración:
Dez meses, entre o 1 de setembro de 2017 e o 30 de xuño de 2018 (prorrogable ata 1 ano máis).

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto do 16 ao 26 de maio de 2017.


Bolsas para prácticas de deseño gráfico na AECID

O obxecto destas bolsas é a realización de prácticas de deseño gráfico en campañas de comunicación de estratexias de cooperación e en programas culturais nos Servizos Centrais da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento-AECID, en Madrid.

Requisitos:
1. Ser cidadán español, ou dun país da UE con residencia en España.
2. Non ter cumprido 33 anos o 1 de xullo de 2017.
3. Posuír título de Máster nas áreas de deseño gráfico e web.

Duración:
Do 1 de xullo de 2017 ao 30 de xuño de 2018, prorrogable por un ano máis.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto do 21 ao 31 de marzo de 2017

Bolsas de prácticas de edición e publicación na AECID

Bolsas para facer prácticas como redactor e editor nas distintas publicacións da AECID.

Requisitos:
1. Ser cidadán español, ou dun país da UE con residencia en España.
2. Non ter cumprido 33 anos o 1 de xullo de 2017.
3. Posuír título de licenciado/A ou grão preferentemente em Humanidades.
Duración:
Do 1 de xullo de 2017 ao 30 de xuño de 2018, prorrogable por un ano máis.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto do 21 ao 31 de marzo de 2017


Máis información na sección de anuncios do BOE do 28 de febreiro de 2017 e en www.aecid.gob.es e www.raer.it

https://www.aecid.gob.es/es-es/convocatorias-tramites-servicios/Paginas/DetalleProcedimiento.aspx?idc=258