Axudas á creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais

01 Mar 2017

O Instituto Galego de Promoción Económica convoca axudas destinadas á creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais.

Serán subvencionables as seguintes actividades:
a) Industrias, fábricas e locais destinados á produción de bens e materiais. Os investimentos relacionados coa utilización da madeira como materia prima ou fonte de enerxía limitaranse ás operacións de segunda transformación.
b) Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios.
c) Prestación de servizos en calquera sector económico (agricultura, silvicultura, sector industrial e de servizos...).
d) Prestación de servizos sociais (gardarías, coidado de anciáns, de persoas con discapacidade, granxas-escola...).
e) Actividades de lecer, recreativas e deportivas.
f) Artesanía e actividades artesanais.
g) Actividades baseadas nas novas tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), innovación tecnolóxica e comercio electrónico.
h) Actividades nos sectores da enxeñaría, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial, servizos técnicos, contabilidade, veterinaria.
i) Comercio ao retallo de certos produtos.
j) No sector da restauración turística, exclusivamente a creación de novos restaurantes situados en construcións patrimoniais senlleiras (pazos, muíños, patrimonio industrial, pallozas, faros…) e que vaian ofertar unha cociña baseada na gastronomía galega tradicional ou que con ese substrato propoñan técnicas innovadoras ou fusións con outras gastronomías do mundo.

As solicitudes tramitaranse en  http://www.tramita.igape.es
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 2 de maio de 2017.

Máis información no DOG do 1 de marzo de 2017 e en http://www.igape.es/gl/