Titulacións de embarcacións de lecer e motos náuticas

01 Mar 2017

A Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro convoca exames ordinarios teóricos e prácticos para a obtención das titulacións que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer e motos náuticas na Comunidade Autónoma de Galicia:

Patrón/patroa para navegación básica
Patrón/patroa de embarcacións de lecer
Patrón/patroa de iate
Capitán/capitá de iate
Patrón/patroa de moto náutica A ou B

Idade mínima.
O título de patrón/patroa para navegación básica poden obtelo os/as menores de idade que teñan cumpridos os 16 anos de idade no momento de realización das probas.
Para obter calquera das outras titulacións náuticas de lecer os/as interesados/as deberán ter cumpridos os 18 anos de idade

Convocatoria de maio de 2017. Matrícula: do 27 de marzo ao 18 de abril de 2017, ambos inclusive.
Convocatoria de setembro de 2017. Matrícula: do 20 de xullo ao 10 de agosto de 2017, ambos inclusive.

A inscrición pode facerse en https://sede.xunta.es co procedemento PE616C
Máis información no DOG do 1 de marzo de 2017

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170301/AnuncioG0427-160217-0004_gl.html